Parque de San Diego - A Coruña (Setembro 2018)

A primeira proposta foi publicada no periódico de a Opinión

https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2015/06/04/arreglos-ideales-espacios-barrio/963258.html#

A finalidade desta entrada é de explicar un pequeno proxecto que realicei para o parque San Diego en A Coruña e que polo momento está en standby. A idea é de renovar o parque seguindo os novos principios paisaxísiticos co fin de mellorar a calidade dos espazos vexetais do parque a través de intervencións que:

 

  • Incrementen a biodiversidade da paleta vexetal e da fauna existente a través de eeducir o espazo en céspede e aproveitar a pente do parque para introducir unha pradería florida. Esta estratexia permite reducir o costo de mantemento, e incrementar a biodiversidade.

  • Reducen o costo de mantemento

  • Melloran a calidade estética dos espazos verdes

  • Introducen novas técnicas de plantación adaptadas aos novos retos ambientais

  • Animando o espazo ao pé do muro de pedra que está na área de xogos creando un pequeno xardín que se distinga pola súa beleza, pola súa capacidade de atraer polinizadores, e pola súa evolución e cambio a través das estacións do ano

O proxecto pódese dividir en 2 propostas interrelacionas entre sí. Unha pradera florida para reducir as zonas de céspede e un pequeno xardín de estilo naturalístico preto da área de xogos.

Os beneficios de ter espazos verdes de calidade están ben documentados por numerosos estudos, destacar os seguintes:

  • Mellora a calidade do aire, unha alta contaminación do aire  pode causar entre outros enfermidades cardiovasculares ou problemas de respiración.

  • Axuda a refrescar o aire e reducir a temperatura reducindo o efecto invernadoiro: as superficies minerais gardan a calor.

  • Permite a recolección da auga de choiva devolvéndoa ao solo, e reduce a sobrecarga na rede de sumidoiros.

  • Contribúe ao incremento da biodiversidade da fauna e flora silvestre: aumento da riqueza de especies vexetais, vertebrados e invertebrados.

  • Contribúen a unha mellor saúde mental e física: permite a recuperación da mente da fatiga mental, permiten exercitarse ao aire libre, reduce os niveis de tensión e reduce o custo de atención sanitaria.

A PRADERÍA

As praderías de flores constitúen unha alternativa ecolóxica máis interesante que o céspede clásico. De feito, o concepto de pradería de flores apareceu como alternativa ás plantacións tradicionais baseadas en grandes extensións de céspede. Numerosas investigacións vense realizando desde hai anos principalmente nos países do norte de Europa e o norte de América. 

 

As vantaxes das praderías de flores serían:

  • Fáciles de manter e albergan distintas especies animais.  Unha soa sega ao ano, á primavera ou ao outono, sería necesaria.

  • O rego é superfluo: as plantas mantense no seu estado natural e serían seleccionadas tendo en conta as condicións climáticas, xeolóxicas e do solo, ademais son capaces de soportar longos períodos de calor.

  • Adáptanse a todo tipo de solo,: ladeiras, solos secos, ribeiras húmidas...

  • A pradería favorece a biodiversidade albergando de maneira natural numerosas especies animais domo insectos (abellas, abellóns...), ou paxaros.

  • Crean unha paisaxe exuberante con distintas cores, efectos e texturas durante todo o ano que recorda a unha paisaxe de flores silvestes propias do medio rural.​​​​​​​​​​​​​​

O XARDÍN

Na área de xogos ao pé do muro que separa o parque do xardín do Mirador dos Castros existe un pequeno espazo que nestes momentos está sen usar. É ideal para acoller un xardín que amenizaría a área de xogos con diferentes cores e texturas durante todo o ano. Tamén sería unha oportunidade única para desenvolver un estilo de plantación acorde coas novas tendencias paisaxísticas  debido a súa pequena escala e a súa situación nunha das áreas máis concorridas do parque.

Estas novas tendencias din non a plantación tradicional baseada na agrupación de céspede, arbustos, plantas ornamentais e árbores e considera un estilo máis naturalista inspirado na pradería, pero propoñendo unha plantación máis sofisticada e organizada en distintos niveis de compatibilidade. Diferentes movementos enfocados no estudo e propagación das novas ideas xurdiron tanto en Europa como en América do norte.

Búscase crear unha comunidade de plantas que interrelaciónanse entre elas e que serían seleccionadas atendendo ás condicións do lugar, as súas características  horticulturais, a súa beleza e capacidade para relacionarse. ​Do deseño destacan os seguintes puntos:

  • Apostar por un deseño innovador. Deixar atrás a formulación tradicional por un mosaico de plantas.

  • Manter un  interese visual e  estético durante todo o ano, atendendo aos distintos tempos de  floración, á   estrutura das plantas e as cores en  outono e inverno.

  • Restrinxir a altura das plantas, non exceder a altura do peito para que a xente  poida mirar a  través. En puntos  estratéxicos ir un pouco máis alto para crear outro efecto.

  • Deixar que os veciños poidan atravesar o  xardín,  permitíndolles experimentar o contacto coa natureza.

  • Abrir as vistas: convidar a entrar e perderse no  xardín.  O mobiliario facilita que a xente se instale e goce dun momento de repouso.

  • Traballar con capas: estrutural, estacional, plantas tapizantes e plantas de rápido crecemento que danlle vitalidade ao xardín até que as outras estean establecidas.

Zeltia Vega | Paisajismo